Os blogs de Climántica de vacacións.

imagenO verán nos ofrece esas máis que merecidas vacacións nas que, a ritmo de samba e mojito, romería e ribeiro ou baños termais e auga de manantial seguimos dándolle voltas  o noso labor docente.

Unha boa época para redifinir programacións, ordear a información nos blogues, pensar nas súas aplicacións para o curso próximo  ou para , a modiño e disfrutando, mergullarse no blog guía e disfrutar dos recursos didácticos e tecnolóxicos que tede á vósa disposición.

O equipo de Climántica tamén colle unhas pequenas vacacións, así que non publicaremos ata o mes de septembro aínda que aquí estamos para calquera dúbida, suxerencia de mellora  ou acalaración que querades comentar.

Ide cargando as pilas que o tedes moi merecido!!!

Boas vacación en nome de todo o equipo das bitácoras de Climántica e grazas de novo polo voso labor.

Bo verán.

 

Chegou o gran día…

imagenEste ano escolar foi intenso para os e as  docentes que participamos no proxecto Climántica para as Ciencias no Mundo Contemporáneo. Nova lei, nova asignatura, novo proxecto… para algúns a primeira vez que traballabades coas TIC, en definitiva un ano  completiño.

Pero, como  en tódolas  tarefas onde se invirten grandes doses de esforzo e paixón, a recompensa e alta e non temos máis que pensar na xornada de mañán no Palacio de Congresos de Pontevedra: centos de rapaces e rapazas compartindo experiencias en educación ambiental. Unha tarefa de titáns para os e as docentes.

Gracias de novo pola vosa participación, entusiamo, sacrificio e, sobre todo, por compartir coa Comunidade Climántica o voso saber facer. Non é doado atopar a este equipo de profesores e profesoras comprometidos coa educación ambiental.

N.B: Esto non é unha despedida, mañán nos vemos e o luns seguiremos estando aquí para avaliar e mellorar a experiencia.

Ata mañá!!!

 

20 de xuño: Día Mundial das Persoas Refuxiadas

imagenOs refuxiados e as refuxiadas non existen para ninguén.

Centos de miles de persoas en países como Zinbabwe, asolados por unha epidemia de cólera e sumidos na miseria profunda, pobos indíxenas obligados a un desprazamento forzos, víctimas de guerras e, tamén das consecuencias sobre o territorio do Cambio Climático ( desertiazción, cheas, furacáns, etc.).

No día en que a comunidade climántica  festexa o seu congreso de autores  non nos olvidamos da misión e valores que nos guían: A búsqueda dun mundo máis xusto e sostible desenvolvendo a competencia social  do alumnado.

Unha visita con Google Map para localizar ás poboacións de refuxiados pode axudarnos a reflexionar sobre este tema así como o material educativo “No sólo Números” do ACNUR

Para saber máis: ACNUR 

 

Internet morreu, viva a GRID?

imagen

Este é o  slogan que podería aparecer en pouco tiempo na blogosfera.

Como  no nacemento de Internet, a chegada de este novo concepto de rede vén da mán do CERN . A partir de este verano empezará a funcionar o  acelerador de partículas LHC, xerando unha enorme cantidade de datos de difícil e costoso almacenamento.

Como solucionalo? Con un  novo tipo de rede coñecido como Grid (cuadrícula). Unha inmensa rede internacional de recursos informáticos que,  en lugar de servir para traslada-la información dun punto a outro, comparte tódolos recursos dos equipos conectados a ela. Así, mediante un software, a Grid do CERN manexa a capacidade de almacenamento (discos ríxidos), a de procesamento y o software das miles de computadoras conectadas a ela, como si formaran parte dunha computadora xigante.

Máis información e recursos: Gridcafé 

Vía: Clarín 

 

Nanoreisen

Preme na imaxe para facer unha das viaxes máis alucinantes : do micro ó nanocosmos.

imagen

Que vos parece?

 

A historia das cousas ( III)

Último pase.


 

Home, a película

Nada máis concreto que unha palabra : Home (fogar) para  titular a espectacular película  de Yann Arthus-Bertrand estreada o 5 de xuño coincidindo con Día Mundial do Medio Ambiente.

O estreo tivo lugar simultáneamente no canal de vídeos YouTube e nas  salas de cine, onde se pode ver a precio de coste. Coincide ademáis coaa aparición de youtube.com/XL, unha versión de Youtube pensada para facilita-la visión de películas.

O longo da viaxe por 54 países e a través de centos de paisaxes aéreos, o film mostra a delicada armonía do planeta Terra,  o que destruímos e o que deberiamos conservar.

Non se trata dun  simple documental con mensaxe, senon dunha magnífica película que abarca os principais temas ecolóxicos ós que nos enfrentamos  desde o eido das emocións, da beleza e da intuición, tres campos imprescindibles para tratar o cine nas aulas.

Para ir abrindo boca vos deixamos a sipnosis da película e un trailer de youtube.

“Nos 200.000 anos que levamos os homes sobre a Terra rompemos o equilibrio que durante case catro mil millóns de anos de evolución estableceuse no planeta. O prezo que debemos pagar é alto, pero é demasiado tarde para ser pesimistas: a humanidade dispón apenas de dez anos para investir a tendencia, darse conta do grado de espolio da riqueza da Terra e cambiar o seu modelo de consumo”


Máis información: http://www.home-2009.com/us/index.html

 

 

O teu Planeta te Necesita; Unid@s fronte o Cambio Climático

imagen

E tí: Que podes facer?

Grazas por sumarte a nosa campaña nos comentarios.

Esperámoste en www.climantica.org

 

Climántica no Día Mundial do Medio Ambiente 2009

imagen

O venres 5 de Xuño, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente , Climántica  únese ao chamamento de Educadores pola Sostibilidade da Organización de Estados Iberoamericanos para converter esta data nunha xornada de activismo educativo en prol dun Protocolo de Copenhague realmente efectivo.

Visitade a web principal do proxecto para coñecer o noso aporte para este día sinalado e facelo correr pola rede: Nos blogs amigos, na web de centro, nos blogs de aula…. Abride as portas da Comunidade Climántica.

Lembrade : O día 5 quedada nos blogs!!!!!

 

A historia das cousas ( II)

Continuamos con esta serie de  vídeos do documental web “The Sory off Stuff”narrado por Annie Leonard , dividida en tres partes, para propiciar o pensamento crítico e profundizar na unidade didáctica de xestión sostible.   O vídeo versa sobre  a clave de moitos problemas da sociedade de consumo  americana e nos invita a crear un mundo máis equitativo e sostible.

Non nos queda tan lonxe, e moitos menos ás novas xeracións bombardeadas desde que nacen por mensaxes pro.consumo

Animarvos a visualiza-las tres partes, dando tempo entre sesión e sesión para crear un debate nos foros