Xenética e cine
Na maioría dos centros estamos rematando o bloque temático “Vivir máis, vivir mellor”, con unha aproximación á xenética, un tema sobre o que podemos xerar distintos debates nos foros de aula.
A semana pasada propoñíamos un debate común sobre biodiversidade e evolución, aproveitando o 200 aniversario do nacemento de Darwin. Esta semana vos propomos un achegamento á xenética dende ás emocións e nada mellor para conseguilo que levando a gran pantalla aos nosos blogues.
Aquí vos deixamos algunhas suxestións:
A) Para os que andamos escasos de tempo, desde Aula de cine nos ofrecen esta guía didáctica sobre a película Gattaca unha excelente película sobre a manipulación xenética.
B) Para os que desexedes contribuír a facilitar a incorporación do cine nas aulas a través dos blogues de Climántica:
- “La fuga de Logan” ,Michael Anderson, USA-1976. A rebeldía fronte a un destino xenético imposto.
- “Los niños del Brasil”, Franklin J. Schaffner , USA-1978. Un clásico da literatura de ciencia-ficción e clonación de Ira Levin .
- “Un mundo feliz”, Leslie Libman, 1998, USA. Baseada na novela de Aldous Huxley, onde ademais de manipulación xenética podemos tratar diferentes relacións CTS.
- “Blade Runner”, Ridley Scott, USA-1982 WARNER HOME VIDEO. Os famosos replicantes da novela de Philip K. Dick “¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?“.
- “Parque Jurásico”, USA-1993 e “El mundo perdido”, USA-1995 (ambas de Steven Spielberg) CIC. Unha forma, non tan rigorosa, pero divertida, de achegarse á clonación.
- Documentais sobre transxénicos como “El Mundo según Monsanto”, un ataque ó centro de flotación da maior empresa de millo transxénico, da directora Marie-Monique Robin.
A lista é interminable e, de seguro, que a podedes ampliar nos comentarios.
Que outros filmes nos recomendades?
Tags: cine, clonación, manipulación xenética, transxénicos