Máis libros, por favor
Agora que estamos rematando o trimestre é un bo momento para pararnos a reflexionar sobre as modificacións que podemos facer nas bitácoras aproveitando as vacacións do Nadal.Unha idea é crear un foro de libros e películas, onde discutir as lecturas que recomendamos na aula ou, incluso, para animar ó/á bibliotecaria do centro a que utilice os foros e o blog como medio para divulgar as novas en obras de divulgación científica e de medio ambiente que vaian chegando ó centro ou dos que se xa forman parte do catálogo da biblioteca .
Como exemplo vos deixamos unha pequena lista de títulos que espero, axudedes a completar nos comentarios, para orientar aos rapaces e as súas familias na elección de libros de agasallo.
“Una breve historia de casi todo”, de Bill Bryson.
Como un libro curioso de Ficción-medio ambiente El quinto día, de Frank Schätzing.
“La Tierra herida”, de Delibes e Delibes de Castro.
“El Cambio Climático; Crónicas desde las zonas de riesgo del planeta” de Motavalli.
“La venganza de la Tierra”, de James Lovelock.
…. e moitos máis que iremos engadindo.
Ademáis desta idea que hoxe lanzamos aquí, seguro que moitos de vos tedes distintas ideas para aplicar que poderiades compartir con nós para axudarvos a levalas a cabo. Animádevos a compartilas.
Tags: libros